Catro Cores é un grupo de catro mulleres que na actualidade forman o único cuarteto de trompas de Galicia. Na súa formación tivo unha grande importancia a Xove Orquestra da Sinfónica de Galicia e a Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela, así como a colaboración con orquestas e bandas profesionais dentro e fóra de España. Despois de coincidir en diferentes agrupacións, no ano 2016 xúntanse e botan a andar este proxecto para achegar a música e o noso instrumento a todo tipo de público. O seu obxectivo é gozar da sonoridade deste instrumento e dar a coñecer distintos estilos musicais adaptados ou compostos para este instrumento. A súa andaina musical levounas por auditorios de gran parte de Galicia como o de Cedeira, O Rosal, a Fundación Barrié (A Coruña), auditorio de Rianxo, Chantada, Cedeira e Foz; e participan en ciclos musicais como o de Híbridas en Santa Clara, en Pontevedra. Tamén os nosos instrumentos soaron en centros sociais como o de Lavacolla, Romaño e Vite e no Conservatorio de A Coruña, de Carballo e de Verín, ademáis de participar nos preconcertos da orquesta Gaos no Auditorio de Ferrol e Teatro Rosalía de A Coruña.